O discreto engado da burguesía (en francés Le Charme discret de la bourgeoisie) é un filme francés de 1972 dirixido polo realizador español Luis Buñuel. Como en moitas das súas longametraxes pódense observar escenas propias do surrealismo. Na 45ª edición dos Oscar gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e foi candidato ao premio ao mellor guión orixinal.

Foi estreado en galego pola TVG o 4 de maio de 1991.La Voz de Galicia, 4 de maio de 1991. Páx. 62

Argumento Don Rafael Acosta, embaixador de Miranda, o matrimonio Thévenot e Florence, irmá de Madame Thévenot, están invitados a cear na casa do matrimonio Sénechal. Non obstante, hai unha confusión e Monsieur Sénechal saíu a outra cita. Como alternativa, propóñense ir a un restaurante próximo, mais ao chegaren descobren de que o dono do establecemento morreu. A partir dese momento as reunións do selecto grupo de burgueses vense interrompidas por unha serie de sucesos extraordinarios, algúns reais e outros produto da súa imaxinación.

Elenco Fernando Rey como Don Rafael Paul Frankeur como M. Thevenot Delphine Seyrig como Madame Thevenot Bulle Ogier como Florence Stéphane Audran como Alice Senechal Jean-Pierre Cassel como M. Senechal Julien Bertheau como Dufour Milena Vukotic como Ines Maria Gabriella Maione como Guerilla Claude Piéplu como Coronel Muni como Peasant Pierre Maguelon como sarxento de policía François Maistre como Delecluze Michel Piccoli como ministro

Produción Tras anunciar que Tristana (1970) sería o seu último filme,Wakeman, John. World Film Directors, Volume 1. The H. W. Wilson Company. 1987, p. 88. porque sentía que se repetía, Buñuel reuniuse co seu guionista Jean-Claude Carrière e discutiu sobre o tema da repetición. Pouco despois o produtor Serge Silberman faloulle dunha anécdota, na que esquecera unha cea e fora sorprendido por seis amigos esfameados que se atopaban na súa porta. Buñuel sentiuse de súpeto inspirado e Silberman acordou darlle 2000 dólares para escribir o guión con Carrière, combinando a anécdota coa idea da repetición. Escribiron a primeira versión en tres semanas e acabaran a quinta no verán de 1971. Silberman conseguiu os cartos para o filme en abril de 1972 e comezou a preprodución.Baxter, John. Buñuel. New York: Carroll & Graf Publishers, Inc.. 1994. . p. 299.Wakeman, pp. 88-89.

Buñuel contratou varios actores cos que xa traballara como Fernando Rey e Michel Piccoli. A rodaxe comezou o 15 de maio de 1972 e durou dous meses. O director rodou poucas tomas e mesmo montaba o filme na cámara e durante a produción. Buñuel e Silberman tiveron unha discusión longa e humorística sobre se Buñuel tardaba un día ou día e medio en montar os seus filmes.Baxter, p. 301.

Premios Notando que tiña un filme especial, Silberman decidiu non agardar ata maio para estrear o filme no Festival de Cannes, senón que o fixo no outono de 1972 para facelo elixible para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Buñuel era célebre pola súa indiferenza polos premios e bromeou cun xornalista que xa pagara 25 000 dólares para gañar o Oscar. Finalmente si o gañou e Silberman aceptou o premio en nome de Buñuel. A petición da Academia, o director posou para unha fotografía sostendo o Óscar, mais levaba posta unha perruca e unhas lentes xigantes.Baxter, p. 302.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 45ª edición dos Óscar Bibliografía

Ligazóns externas Artigo de Carlos Fuentes en Criterion Collection Crítica de Roger Ebert

Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes de Francia‎ Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes dirixidos por Luis Buñuel Categoría:Filmes de 1972 con versión en galego