Xenaro Ruano Sanjurjo, nado na Coruña en maio de 1910 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1937, foi un dramaturgo e político galego.
Traxectoria Dirixente das Irmandades da Fala. Dramaturgo, o 2 de decembro de 1935, o cadro artístico Apolo representou a súa comedia dramática Contrabando en el alma no Teatro Rosalía da Coruña, no marco dun festival benéfico-culturalLa Voz de Galicia, 30-11-1935, p. 7.. Colaborou en A Nosa Terra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dun operativo que tentou sacar da Coruña ao deputado socialista Luis Rufilanchas e foi detido con outras vinte e catro persoas a finais de febreiro de 1937.As redes de fuga da Galiza franquista promovidas polos nacionalistas Foi procesado polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio. Foi condenado á pena de morte con Luis Rufilanchas, Manuel Fernández López, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2. Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1. excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas No 80 aniversario do fusilamento de 12 antifascistas na Coruña
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos