Duitama é unha cidade e concello do departamento de Boyacá. É a capital da provincia de Tundama. Duitama atópase a 240 km ó nordeste de Bogotá, a capital de Colombia e a 50 km ó nordeste de Tunja, a capital de Boyacá. Duitama existiu dende tempos precolombianos, cando os muiscas habitaban nos outeiros dos arredores do antigo lado do val. O nome orixinal de Duitama era "Tundama", que debía o seu nome ó cacique Tundama. A cidade atópase a 2 590m|por riba do nivel do mar e ten unha temperatura media de 16 °C. Duitama é coñecida como a "Perla de Boyacá".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Sitio web oficial do municipio
Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Boyacá