Manuel Fuentes Canal, nado en Verín cara a 1901 e finado en Celanova o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Empregado do Hispano-Americano en Ourense. Membro da Irmandade da Fala de Ourense, traballou na transcrición das cantigas de Nuno Eanes Cerzeo no cancioneiro da Biblioteca Nacional. Publicou tres artigos na revista Nós, entre eles "Unha nova vía romana", escrito xunto a Manuel Fernández Costas (1926) e "A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas" (1928), escrito xunto a Fermín Bouza-Brey e Xosé Ramón Fernández-Oxea e considerado o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo xunto co seu irmán Emilio.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937 Foron sacados da prisión e asasinados na Ponte Pequena de Paradela de Viveiro (Celanova) o 16 de agosto de 1936. Notas
Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1901 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos