El secreto de sus ojos é un filme hispano-arxentino dirixido, coescrito, producido e editado por Juan José Campanella, baseado na novela La pregunta de sus ojos de Eduardo Sacheri, que tamén participou na creación do guión. O filme é unha produción conxunta de compañías da Arxentina e de España.Hollywood Reporter, Spanish films do better abroad than at home
Empregando unha narrativa non linear, o filme conta a historia dun empregado xudicial interpretado por Ricardo Darín e dunha xuíza interpretada por Soledad Villamil, que investigan un caso de violación e asasinato que se converte nunha obsesión de todos os que están involucrados. Ó mesmo tempo conta a historia do personaxe de Darín 25 anos despois dos feitos e recupera o romance enterrado por ambos.
Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, facendo que Arxentina fose o primeiro país de Latinoamérica en gañar dúas veces, xunto con La historia oficial (1985).Academy Awards Official website – Foreign Language Film Category Tres semanas antes, recibira o Premio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana.Buenos Aires Herald, 1 de marzo de 2010 No momento da súa estrea, converteuse no segundo filme con maior recadación da Arxentina, só superado por Nazareno Cruz y el lobo.El multifacético Leonardo Favio The Secret in Their Eyes is already a record
Personaxes Ricardo Darín como Benjamín Espósito Soledad Villamil como Irene Menéndez Hastings Guillermo Francella como Pablo Sandoval Pablo Rago como Ricardo Morales Javier Godino como Isidoro Gómez Mario Alarcón como Xuíz Fortuna Mariano Argento como Romano José Luis Gioia como Inspector Báez Carla Quevedo como Liliana Coloto
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Juan José Campanella Categoría:Filmes rodados en Buenos Aires Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes ambientados en 1999 Categoría:Filmes ambientados en Buenos Aires Categoría:Filmes ambientados na Arxentina