Manuel Sánchez Hermida, nado en Ferrol en 1888 e finado na mesma cidade en abril de 1940,El Correo Gallego, 12-4-1940, p. 2. foi un dramaturgo galego.
Traxectoria miniatura|Mal de moitos, Ferrol, 1915. Foi ebanista e estudou Debuxo e Xeometría na Escola de Artes e Oficios de Ferrol con Euxenio Charlón. Despois traballou na Sociedad Española de Construcción Naval. Formouse con Charlón na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1908. Compuxo con el sainetes satíricos e pezas teatrais, normalmente escritos para ser interpretados por eles mesmos. Varias das súas obras son coñecidas como “parrafeos”. Utilizaron un galego coloquial e festivo, pero non exento de cultismos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do Real Coro Toxos e Froles.
Obras Como obras máis destacadas figuran: Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro)O que non sabe mañas e O Menciñeiro son dous títulos da mesma obra. Levou o nome de O que non sabe mañas na primeira representación e O Menciñeiro a partir da segunda., estreadas entre os anos 1915 e 1925.
Permanecen inéditas Calquera entende este enredo, Nocturno periodístico, Polo pan baila o can e !Ai se mandáramos nós.
Vida persoal
Casou con Dolores Díaz e foi pai de Manuel, Luis, Salvador, Miguel Ángel e Joaquín Sánchez Díaz. Notas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Euxenio Charlón I Asemblea Nacionalista Literatura galega do período intersecular
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público