Émile Henriot, nado o 2 de xullo de 1885 e finado o 1 de febreiro de 1961, foi un químico francés notable por ser o primeiro en demostrar de forma definitiva que o potasio e o rubidio son radioactivos de forma natural.
Investigou métodos para xerar velocidades angulares extremadamente altas, determinando unha técnica que posteriormente sería usada na construción de ultracentrifugadoras. Foi tamén pioneiro no estudo do microscopio de electróns, e estudou tamén a birrefrinxencia e as vibracións moleculares.
Véxase tamén
Bibliografía
Biographie Nationale publiée par L’Académie Royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts de Belgique, Établissements Émile Bruylant: 1866-1986, vol. 12 (suppl.), col 421-423.
Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Químicos de Francia Categoría:Nados en Besançon