O Museo Nusantara (en neerlandés: Museum Nusantara) foi unha institución museística sobre Indonesia (ex Indias Orientais Neerlandesas) sito no número 4 da praza Sint Agathaplein, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. "¿Qué es el Museo Nusantara?". Na antiga web do museo (en castelán)
A colección estaba composta por arte e utensilios tradicionais de Indonesia, e pretendía achegar unha idea da historia e da cultura dos diversos grupos étnicos daquel país.
Ademais, este museo foi unha mostra das relacións existents durante catro séculos entre Indonesia e os Países Baixos, logo de que en 1595 partise a primeira frota holandesa cara ás Indias Orientais e en 1602 se establecese a Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC)."Museum Nusantara ". En WikiDelft.nl (en neerlandés)
Historia miniatura|esquerda|Estatuíña masculina de madeira, exposta no Museo Nusantara En 1864, o Consello Municipal de Delft decidiu crear unha institución para a educación en lingüística e en etnoloxía das Indias Orientais Neerlandesas, vinculada tamén á Escola Politécnica de Delft (actual Universidade de Tecnoloxía de Delft). Este organismo, chamado Institución Indiana (Indische Instelling), creou unha colección inicial de obxectos para utilizar nese proceso educativo, que constituíu o núcleo dos fondos do posterior Museo Nusantara. O proxecto educativo finalizou en 1899, cando a colección abranguía arredor de 5.000 obxectos."De Indische Instelling en de schatten van Museum Nusantara in Delft " (en neerlandés)
En 1909 a exposoción instalouse provisoriamente no Museo Prinsenhof, e en 1911 abriuse oficialmente o museo etnográfico co nome de Nusantara, e os fondos trasladáronse do Prinsenhof á sede da praza Sint Agatha Plein.
A partir de aí, a colección continuou agrandándose ata chegar aos 18.000 obxectos, 16.000 fotografías e soportes de imaxe, e 8.000 fondos bibliográficos relativos a Indonesia.
En 1954 fundouse a Asociación de Amigos do Museo Etnográfico, e en 1962 a Fundación para a Propiedade da Arte Etnográfica, coa misión de conseguir fondos económicos e adquirir novas pezas para o museo.
No marco da reestruturación do uso de edificios e institucións municipais, o Concello de Delft, propietario do edificio e da colección, decidiu o pechamento do museo o 6 de xaneiro de 2013. En abril de 2014 anunciouse que a antiga colección do Museo Nusantara sería dividida provisionalmente entre diversos museos, entre outros o Museo Prinsenhof, tamén de Delft, e o Museo Volkenkunde, de Leiden, aínda que existe un proxecto de reestablecemento do museo, pendente de concreción."Herbestemming collectie Museum Nusantara" (proxecto de rehabilitación da colección do Museo Nusantara) (en neerlandés)"Collectie museum Nusantara definitief uiteen" . En AD.nl. 14 de novembro de 2016 (en neerlandés)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delft Prinsenhof de Delft
Bibliografía Wentholt, Arnold. Nusantara. Highlights from Museum Nusantara Delft. C. Zwartenkot Art Books. Leiden, 2014 [ISBN 978-90-5450-013-1]
Ligazóns externas Antigo sitio web do Museo Nusantara en archive.org
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Museos desaparecidos Categoría:Museos dos Países Baixos Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Museos etnográficos