Guthred (ou Guthfrith) (nórdico antigo: Guðroðr), finado en 895, foi un caudillo viquingo de Northumbria, rei escandinavo de Jórvik cara ao ano 883 até a súa morteForte, Oram, and Pedersen (2005), Viking Empires, ISBN 0-521-82992-5 Cap. III p. 77.. Traxectoria O primeiro rei viquingo de York coñecido foi Halfdan Ragnarsson, expulsado en 877. En 883 Simeón de Durham escribe na súa Historia dos Reis: «Guthred, dun escravo, foi feito rei». Pero na súa Historia da Igrexa de Durham expande a información tras a expulsión de Halfdan:O historiador medieval Æthelweard, cuxo traballo (o Chronicon) é unha fonte moito máis fiábel sobre o período que a obra de Simeón, recolle en 895: Por tanto, Guthred morreu o 24 de agosto de 895 (ou quizais 894) e foi enterrado na antiga igrexa, sede episcopal anterior á catedral de YorkModelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.Mike Ashley The Mammoth Book of British Kings & Queens Robinson London ISBN 1841190969 (NC3)..

No entanto non está claro se Guthfrith era cristián, aínda que as súas relacións coa comunidade de San Cuthberht eran cordiais, a cal era unha forza influente na antiga Bernicia, e que permanecera fóra da influencia de Halfdan, cuxa autoridade se limitaba ao antigo reino de Deira. Concedeu moitas terras entre o río Tyne e o río Wear para a comunidade, propiedades que xa pertenceron ao mosteiro de Wearmouth-Jarrow e formaron o núcleo das terras da igrexa de Durham. Outras terras, na desembocadura do río Tees, Guthred permitiu a Eadred adquirilas para a igrexa.

Simeón tamén cita que Guthred se enfrontou a unha grande invasión escocesa, que derrotou coa axuda de San CuthberhtSimeón de Durham, History of the Church of Durham, Caps. XXVIII–XXIX..

Cultura popular Guthred aparece como personaxe de Crónicas saxoas de Bernard Cornwell, principalmente nos señores do norte (2006)Wikipedia en inglés: the Lords of the North.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados no século IX Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 895