Suspiria é un filme de terror italiano dirixido por Dario Argento que se estreou en 1977. Foi co-escrito por Dario Argento e Daria Nicolodi baseándose no ensaio Suspiria de profundis de Thomas de Quincey. É a primeira parte da triloxía de Argento coñecida como As tres nais, sendo as outras dúas Inferno (1980) e La Terza Madre (2007). A banda sonora foi composta pola banda de rock progresivo Goblin.

Argumento Suzy Bannion (Jessica Harper), estudiante de ballet estadounidense, chega á cidade de Friburgo para perfeccionar os seus estudos na prestixiosa academia Tanz. Coincidindo coa súa chegada, unha alumna recentemente expulsada, Pat Hingle (Eva Axén), é salvaxemente asasinada no apartamento dunha amiga á que recorrera na busca de axuda, fuxindo dalgún grave perigo. A inxenua Suzy, percatarase pronto do estraño comportamento do persoal da academia o que, unido ás terribles mortes que empezan a sucederse, faralle sospeitar que algo sinistro está acontecendo. Máis adiante, a súa compañeira Sara (Stefania Casini) confirmará as súas sospeitas ó confesarlle que a defunta Pat lle comentou que coñecía un escuro segredo relacionado coa academia que non chegou a revelarlle. Finalmente, Suzy descubrirá que a academia Tanz, en realidade, está dirixida por un poderoso sabbat de bruxas ó mando da perversa Helena Markos, "A Raíña Negra": máis coñecida, grazas á súa secuela, Inferno, como a "Mater Suspiriorum".

Personaxes Jessica Harper como Suzy Bannion Stefania Casini como Sara Flavio Bucci como Daniel Miguel Bosé como Mark Barbara Magnolfi como Olga Susanna Javicoli como Sonia Eva Axén como Pat Hingle Rudolf Schündler como Prof. Milius Udo Kier como Dr. Frank Mandel Alida Valli como Miss Tanner Joan Bennett como Madame Blanc

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Dario Argento Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Bruxelas