Tomás Rodríguez Sabio, nado na Coruña cara 1901 e finado na mesma cidade o 8 de xullo de 1949La Voz de Galicia, 9-7-1949, p. 2, 5., foi un empresario e político galego.

Traxectoria Membro da Irmandade da Fala da Coruña, participou na Asemblea de Lugo e publicou algúns textos literarios de corte nacionalista. En marzo de 1920 marchou á HabanaLa Voz de Galicia, 21-3-1920, p. 2, 5., onde traballou como interventor na sucursal dun banco, foi un dos membros fundadores da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana en 1920,Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo:Xerais, p. 299. e colaborou en Galicia e Nós. Regresou a Coruña en 1923 e foi representante en Galicia da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana. En 1923 foi elixido secretario da Irmandade da Fala da Coruña e nomeado secretario de redacción de A Nosa Terra. En 1925 instalouse en Vigo como administrador de El Pueblo Gallego. A finais de 1926 marchou a Arxentina, onde foi xerente da adega Bodegas y Viñedos Giol. Retornou a Galicia millonario en 1935. Ingresou en Renovación Española. En 1937 foi nomeado presidente do Consello de administración da fábrica de tecidos La Primera Coruñesa, que puxo a disposición dos sublevados.

Vida persoal Casou con María Sánchez Suárez en 1925El Ideal Gallego, 13-8-1925, p. 4., e foi pai de Tomás e Enrique Rodríguez-Sabio Sánchez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes