Cnut, foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 905, datas deducidas pola moedas atopadas. Moedas atopadas miniatura|Penique de prata de Cnut de Northumbria. En 1840 atopouse un grupo de máis de 8.000 moedas, o chamado tesouro de Cuerdale (Lancashire). Delas había unhas 3000 coa inscrición en latín KNVT REX. No reverso das moedas había varias inscricións: nalgunhas poñía ELFRED REX (rei Alfred), o que indica que Cnut foi contemporáneo de Alfredo o Grande; noutras aparecía o nome dun rei anterior, Siefredus. A secuencia das moedas indicaba que Cnut gobernara nun período posterior a Siefredus, entre o 900 e o 905. Tamén se deduciu que Siefredus fora o sucesor de Guthred, e que gobernara entre o 895 e 900. Os nomes de Cnut e Siefredus aparecen xuntos nalgunhas moedas, quizais indicando que gobernaron conxuntamente durante un tempo.
Identificación É difícil engadir detalles biográficos ao que se coñece polas moedas de Cnut, xa que non é mencionado en ningunha bibliografía da súa época. O historiador Alfred Smyth propuxo que Cnut podería ser o personaxe do mesmo nome que aparece mencionado en sagas nórdicas dos séculos XIII e XIV. Nestas dise que Cnut foi un rei de Northumbria de orixe danesa. Tamén se suxeriu que Cnut podería ser outra forma do nome Guthfrith, gobernante de Northumbria do cal non se teñen atopado moedas. Outra hipótese proposta por Cannon e Hargreaves é que Cnut é o cognome de Siefredus.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Reis de Northumbria