O nome Leonor poder referirse a: Persoeiros Leonor Andrade, tamén coñecida como Ella Nor, nada o 13 de setembro de 1994, é unha cantante e actriz portuguesa. Leonor de Anjou, tamén coñecida como Leonor de Nápoles e Leonor de Sicilia, princesa napolitana que foi raíña consorte de Sicilia polo seu casamento con Frederico III de Sicilia. Aliénor de Aquitania, duquesa de Aquitania, que foi raíña consorte de Francia, polo seu casamento con Lois VII de Francia, e despois de Inglaterra, polo seu segundo matrimonio con Henrique III de Inglaterra. Foi a nai de Ricardo Corazón de León e de Xoán sen Terra. Leonor de Aragón, infanta aragonesa, filla do rei Fernando I de Aragón e de Lionor de Alburquerque, que foi raíña consorte de Portugal polo seu casamento con Duarte I de Portugal. Leonor de Borbón, nada o 31 de outubro de 2005, é a actual Princesa de Asturias. Leonor de Navarra, filla de Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, foi raíña de Navarra. Leonor de Portugal, infanta portuguesa, filla do rei Duarte de Portugal e da súa esposa Leonor de Aragón, que foi emperatiz consorte do Sacro Imperio Romano-Xermánico polo seu casamento co emperador Frederico III de Habsburgo. Leonor de Sicilia. Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, infanta de Castela e León que foi raíña consorte de Navarra polo seu matrimonio con Carlos III de Navarra. Leonor Plantagenet, tamén coñcecida como Leonor de Inglaterra, princesa de Inglaterra, filla de Henrique II de Inglaterra e a raíña Aliénor de Aquitania, que foi raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de Castela. Foi nai, entre outros, dos reis Henrique I de Castela e Berenguela de León e Castela. Lionor Teles de Meneses, nobre portuguesa e leonesa, que foi raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Fernando I de Portugal. Lionor Orraca de Castela, tamén coñecida como Lionor de Alburquerque, que foi raíña consorte de Aragón polo seu matrimonio co rei Fernando I de Aragón. Leonor Watling, nada o 28 de xullo de 1975, é unha actriz e cantante española. Outros Leonor, filme de terror de 1975 de Juan Luis Buñuel.