O aeroporto internacional Logan , oficialmente coñecido como aeroporto internacional General Edward Lawrence Logan, é un aeroporto internacional estadounidense situado na veciñanza de East Boston en Boston, Massachusetts. Cobre unha área de 965 hectáreas, ten seis pistas e catro terminais, e emprega a unhas 16 000 persoas. É o aeroporto máis grande da rexión de Nova Inglaterra e o 17º máis concorrido dos Estados Unidos, con 36,2 millóns de pasaxeiros en 2016. O aeroporto chámase así na honra do xeneral Edward Lawrence Logan.

O aeroporto serve como centro de conexións para Delta Air Lines e como cidade focal para JetBlue, sendo as compañías con máis operacións. As aeroliñas rexionais regional Cape Air e PenAir realizan todas as súas operacións dende Boston. American Airlines tamén realiza moitas das súas operacións dende o aeroporto. Todas as grandes aeroliñas estadounidenses ofrecen voos dende ou cara Boston aos seus principais centros de conexións. Tamén é un destino para case todas as grandes aeroliñas europeas.

O aeroporto ten servizos frecuentes a destinos de toda Norteamérica, Suramérica, o Caribe, o Atlántico Norte, Oriente Medio, Europa e Asia. Recentemente Logan está tendo un rápido crecemento en tráfico internacional, con novas rutas engadidas por aeroliñas como Aeroméxico, Air Europa, Avianca, Cathay Pacific, Copa Airlines, El Al, Emirates, Hainan Airlines, Japan Airlines, LATAM Airlines, Norwegian Air Shuttle, Primera Air, Qatar Airways, Scandinavian Airlines, TAP Portugal, Thomas Cook Airlines, Turkish Airlines, WestJet Encore e WOW air, ademais de incrementar o tráfico de rutas previas cara Canadá. Europa, Asia e Oriente Medio. Este feito está convertendo a Boston nun dos aeroportos que máis medra nos Estados Unidos.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Logan