Sué, Xué, Sua, Zuhe ou SuhéOcampo López, 2007, Ch.V, p.218 era o deus do Sol na relixión muisca. Era o marido da deusa da Lúa, Chía.Ocampo López, 2013, Ch.4, p.33Ocampo López, 2007, Ch.V, p.220 Os muiscas e a súa confederación eran unha das catro civilizacións avanzadas de América e desenvolveron a súa propia relixión no Altiplano Cundiboyacense dos Andes. Tanto o Sol como a choiva, representada por Chibchacum, eran fundamentais para a súa agricultura.

Descrición miniatura|250px|esquerda|Reconstrución do Templo do Sol, lugar de adoración de Sué. Museo Arqueolóxico de Sogamoso. Despois de que Chiminigagua crease a luz e a Terra, creou a Chía e a Sué para que representasen a Lúa e o Sol respectivamente. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada escribiu sobre os deuses muiscas: "eles teñen o Sol e a Lúa como creadores de todas as cousas e cren que están xuntos como marido e muller, creando os consellos".

Mentres que Chía estaba relacionada co zipas do sur da Confederación muisca, Sué estaba relacionado co zaque do norte. Description of Sua - Pueblos Originarios - consultado o 28 de abril de 2016 Tamén o cacique de Ramiriquí estaba relacionado con Sué. Historias magicas de Chía y Sué - consultado o 28 de abril de 2016

Sué era adorado no Templo do Sol de Sugamuxi, no presente coñecida como Sogamoso, a Cidade do Sol. Outros templos atribuídos a Sué estaban en Bacatá e en Guatavita. Chía and Zuhe - Banco de la República - consultado o 28 de abril de 2016 O templo do Sol orixinal de Sogamoso foi destruídos polos fachos dos conquistadores españois.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.18

Na data do solsticio de verán, os nobres muiscas marchaban en procesión ó templo para facer sacrificios e pedir a bendición das colleitas. O día era celebrado por toda a xente, que pintaban o corpo e bebían chicha. Tamén adoraban ás súas propias sombras, xa que crían que Sué lles proporcionaba o seu propio deus persoal que os acompañaba durante todo o día.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relixión muisca Bibliografía

Categoría:Deuses muiscas Categoría:Deuses solares