Non confundir con Olaf Sigtryggsson (Amlaíb mac Sitriuc), rei do reino viquingo de Mann no século XI.
Amlaíb mac Sitriuc (nórdico antigo Óláfr Sigtryggsson), nado en 926 e finado en 981, coñecido comunmente como Cuarán, en nórdico antigo Óláfr kváran, foi rei viquingo de York (Jórvik) e do reino de Dublín no século X, de ascendencia nórdico-gaélica. O seu alcume, cuarán é traducido habitualmente como "sandalia". Aparece en numerosas fontes con outros nomes anglificados, tales como Olaf Cuaran e Olaf Sihtricson, particularmente durante a súa breve etapa de gobernante de JórvikEn anglosaxón, el era Anlaf. Para os irlandeses, puido haber sido tamén Amlaíb mac ua Ímair ou Amlaíb ua Ímair, aínda que houbo outros personaxes con eses nomes. Do mesmo xeito, o seu alcume viquingo, "Olaf o Roxo" aplicouse a varios gobernantes nórdicos de Irlanda e as illas.. Foi o último membro da dinastía Uí Ímair que desempeñou un papel importante na política das Illas británicas e Irlanda
Traxectoria Amlaib foi rei de York e Northumbria polo menos dúas ou tres veces na súa vida e foi en dúas ocasións o gobernante de Dublín e arredores. O seu reinado sobre estes territorios estendeuse durante corenta anos. Era un guerreiro de renome e desapiadado asaltando igrexas, pero acabou os seus días nun respectábel retiro na Abadía de Iona. Nacido na época en que os Uí Ímair gobernaban extensas áreas en Gran Bretaña e Irlanda, á súa morte o reino de Dublín pasara a ser un poder menor da política irlandesa. Con todo, a súa puxanza económica convertéraa nunha das capitais comerciais da Europa Atlántica e o control da cidade e as súas riquezas facían dela un trofeo apetecíbel para os ambiciosos príncipes irlandeses.
Durante a súa vida foi patrón de poetas irlandeses e escaldas escandinavos, que escribían versos de encomio ao seu mecenas. Olaf estivo casado en, polo menos, dúas ocasións, e os seus numerosos fillos acabarían casando con membros das principais familias reais de Irlanda e Escandinavia. Os seus descendentes serían reis de Man e das Hébridas até o século XIII.
Contexto Os rexistros máis antigos de ataques viquingos a Gran Bretaña ou Irlanda datan de finais do século VIII. O mosteiro de Lindisfarne en Northumbria foi saqueado o 8 de xuño de 793 e o de Iona no reino dos pictos, en 795 e 802. En Irlanda Rathlin Island, na costa nororiental do Ulster, foi atacada en 795, e Saint Patrick's Island en 798. A illa de Portland, pertencente ao reino de Wessex no suroeste de Gran Bretaña foi atacada durante o reinado de Beorhtric de Wessex (786-802)Keynes, "Vikings in England", pp. 50–51; Ó Corráin, "Ireland, Wales, Man, and the Hebrides", pp. 83–85..
Estes asaltos continuaron producíndose de forma esporádica durante o primeiro cuarto do século IX. Durante o segundo cuarto, a frecuencia e envergadura destes ataques incrementáronse e apareceron os primeiros asentamentos viquingos permanentes (chamados longphorts en Irlanda)Keynes, "Vikings in England", pp. 51–52; Ó Corráin, "Ireland, Wales, Man, and the Hebrides", pp. 84–89..
Orixes O Ímar do que descendían os Uí Ímair era, presuntamente un Ímar (pronuncia inglesa Ivar), "rei dos nórdicos de toda Gran Bretaña e Irlanda", cuxa morte se menciona nos Anais do Ulster no ano 873. Que este Ímar sexa o mesmo Ímar líder do Grande exército pagán, ou Ivar o Desosado é menos seguroÓ Cróinín, Early Medieval Ireland, pp. 250–254, discute sobre a carreira de Ímar e as diferentes disputas. Véxase tamén Woolf, Pictland to Alba, cap. 2; Downham, Viking Kings, cap. 1–3, especialmente pp. 17–23 & 64 –67. Ó Corráin, "Vikings in Scotland and Ireland", passim, estuda o problema da identificación..
Amlaib Cuarán era probabelmente un bisneto de Ímar. Non dispomos de fontes contemporáneas aos feitos que nos informen da descendencia entre Ímar e os seus netos, pero é bastante probábel que os netos de Ímar dos que hai constancia entre 896 e 934 - o pai de Amlaíb Sitriuc (m. 927), Ragnall (m. 921), Gofraid (m. 934), Ímar (m. 904) e Amlaíb (m. 896) - fosen irmáns máis que primosAsí Downham, Viking Kings, p. 29, figura 6. As contribucións de Cyril Hart ao Oxford Dictionary of National Biography converten a Ragnall, Sitriuc e Gofraid en irmáns; igualmente Hudson, Viking Pirates, p. 31, figura 1, fai a estes tres irmáns fillos de Guthfrith, Rei de York.. Sitriuc, o pai de Amlaib aparece nos rexistros por primeira vez en 914, cando conquistou Dublín, posibelmente en mans irlandesas desde a expulsión dos anteriores gobernantes viquingos en 902Downham, Viking Kings, pp. 27–35..
Sitriuc gobernou Northumbria até a súa morte en 927. A Crónica Anglosaxoa fai constar o seu matrimonio coa filla do rei Aethelstan en Tamworth, o 30 de xaneiro de 926. Segundo fontes posteriores, como o cronista Xoán de Wallingford, Amlaib sería fillo de Sitriuc e desta princesa de WessexDe acordo a Guillerme de Malmesbury, que di non coñecer o nome da princesa, sería irmá de Æthelstan, filla de o Vello Eduardo o Vello e a súa primeira esposa Ecgwynn. Xoán de Wallingford denomínaa como Orgiue, quizais Eadgifu; Hudson, Viking Pirates, pp. 28–29.. Ademais de Amlaib, outros fillos de Sitriuc serían Gofraid (m. 951), rei de Dublín, Aralt (m. 940), gobernante do reino de Limerick, e, con algo menos de certeza, Sichfrith e Auisle, que aparecen mencionados entre os falecidos na batalla de Brunanburh en 937 nos Anais de ClonmacnoiseHudson, Viking Pirates, p. 31, figura 1, só dá o nome de Gofraid; Downham, Viking Kings, p. 29, figura 6 & pp. 245, 247, 254 & 269; Annals of Clonmacnoise, s.a. 931.. Na crónica Heimskringla menciónase que outra filla de Sitriuc, de nome Gytha, contraeu matrimonio co pirata noruegués Olaf Tryggvason, aínda que posibelmente fose unha filla de Olaf CuaránHart, "Sihtric Cáech"; "Saga of Olaf Tryggvason", cap. 32, Heimskringla, pp. 171–173; Hudson, Viking Pirates, p. 31, figura 1 & p. 84..
Tras a morte do seu pai, Amlaib foi posibelmente rei de York durante algún tempo, pero o rei Aethelstan conseguiu conquistar o reino de Northumbria e derrotar a Gofraid, irmán de SitriucAsí Keynes, "Rulers of the English", p. 505.. Segundo Guillerme de Malmesbury, Olaf fuxiu a Irlanda, mentres que o seu tío Gofraid tentaba reconquistar YorkDownham, Viking Kings, p. 100; Hudson, Viking Pirates, p. 29; Woolf, Pictland to Alba, p. 151. Hudson, "Óláf Sihtricson", supón que Amlaíb nacera en York, en cuxo caso sería un neno nesta época.. En 937, un exército dirixido por Amlaib, fillo de Gofraid e asistido por Constantín mac Áeda, monarca do reino de Alba e Owen, rei de Strathclyde foi derrotado polos saxóns na batalla de BrunanburhWoolf, Pictland to Alba, pp. 168–173; Downham, Viking Kings, pp. 103–105; Hudson, Viking Pirates. Malmesbury escribiu que Olaf estivo presente na batalla, espiando o campamento inglés antes da batalla disfrazado de escaldoHudson, Viking Pirates, pp. 30–31; Hudson afirma: "Se esta historia ten algunha base histórica, claramente confundiuse a Olaf Cuaran co seu primo ..."..
O rei Aethelstan faleceu en 939, e o seu sucesor, o seu medio irmán Edmund, foi incapaz de manter o control de York. Amlaíb mac Gofraid, por aquel entón rei de Dublín, cruzou o mar de Irlanda até Inglaterra, onde foi aclamado como rei de Northumbria. Faleceu en 941, pouco despois do saqueo da igrexa de Saint Baldred en Tyninghame, fulminado polo poder do santo, segundo a Historia de Sancto CuthbertoHudson, "Óláf Guthfrithson"; Woolf, Pictland to Alba, p. 174..
York (Jórvik) A carreira de Amlaib Cuaran comezou propiamente en 941, tras a morte do seu primo Amlaíb mac Gofrith. Cuaran sucedeuno á fronte do goberno do reino viquingo de York, xunto co seu primo Ragnall, fillo de Gofraid. De acordo aos Anais de Clonmacnoise, Amlaíb chegara a Gran Bretaña en 940, deixando a outro fillo de Gofraid, Blácaire, no goberno de DublínDownham, Viking Kings, pp. 43, 241 & 248; Costambeys, "Ragnall Guthfrithson"; Hudson, "Óláf Sihtricson"; Hudson, Viking Pirates, pp. 33–34; Woolf, Pictland to Alba, p. 181; Annals of Clonmacnoise, s.a. 933..
Amlaíb e Ragnall gobernaron York até 944. A cronoloxía dos feitos entre a morte de Aethelstan e a expulsión de Amlaíb e Ragnall non está clara, xa que as diferentes versións da Crónica Anglosaxoa non se poñen de acordo. Parece ser que, tras a morte do rei saxón, Edmund non só perdeu o control de Northumbria, senón tamén que os cinco burgos de Danelaw se someteron ao mando de Amlaib mac GofrithHigham, "Five Boroughs"; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 193; Miller, "Edmund"; Woolf, Pictland to Alba, p. 174; pero que Amlaíb controlase o Danelaw de Mercia é cuestionado por Downham, Viking Kings, pp. 108–109.. Un dos Amlaibs arrasou Tamworth segundo a Crónica Anglosaxoa: Aquí Olaf destruíu Tamworth e unha gran matanza sucedeu en ambos os bandos, e os daneses conseguiron a vitoria e levaron un gran botín de guerra con eles. Wulfrun foi capturado no ataque. O rei Edmund asediou ao rei Olaf e a Wulfstan en Leicester, e teríaos capturado de non fuxir da fortaleza na noite.Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, p. 111, Ms. D, s.a. 943. Estes feitos tiveron lugar entre 940 e 943, aínda que os historiadores disenten en canto a se os feitos estiveron protagonizados por Amlaíb mac Gofrith ou Amlaíb CuaránOs eventos están asociados a Amlaíb mac Gofrith por Higham, Kingdom of Northumbria, p. 193; Miller, "Edmund"; Woolf, Pictland to Alba, p. 174. Outros, como Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, p. 111, nota 11; Downham, Viking Kings, p. 110; Hudson, "Óláf Sihtricson", vincúlanos a Amlaíb Cuarán..
Edmund conseguiu reconquistar os Cinco Burgos en 942, un feito celebrado en verso pola Crónica Anglosaxoa. A Crónica recolle o bautismo de Amlaíb, co rei Edmund actuando como o seu padriñoSwanton, Anglo-Saxon Chronicle, pp. 110–111, Ms. A, s.a. 942, Ms. D, s.a. 942 & 943.. Isto non implica que Amlaib non fose xa cristián, nin que o bautismo significase un compromiso permanente coa fe cristiá, xa que en moitos casos estes bautismos eran actos políticos. Alfredo o Grande, por exemplo, patrocinara o bautismo do rei galés Anarawd ap RhodriAsí Hudson, Viking Pirates, p. 34. En canto ao bautismo, Hudson descríbeo como "...-un acto politicamente motivado... un medio recoñecido de selar unha alianza cun individuo dominante ...". Ragnall foi bautizado pouco tempo despois segundo a Crónica Anglosaxoa..
Amlaíb foi expulsado do trono de York en 944. A Crónica Anglosaxoa relata que o rei Edmund conquistou toda Northumbria e puxo en fuga aos dous reis (ou "homes da realeza") Olaf e RægnaldSwanton, Crónica Anglosaxoa, pp. 110–111, Ms. A, s.a. 944, Ms. E., s.a. 944.. É posíbel que a rivalidade entre ambos os xefes viquingos contribuíse á súa caídaDownham, Viking Kings, pp. 46 & 111–112; Woolf, Pictland to Alba, p. 182.. O relato de Æthelweard conta que Amlaíb foi deposto por unha tropa encabezada por Wulfstan, arcebispo de York e un líder merciano de nome descoñecidoHudson, Viking Pirates, p. 35; Woolf, Pictland to Alba, p. 182, suxire que este merciano descoñecido era Æthelstan Medio-Rei..
Congalach e Ruaidrí miniatura|Asentamentos escandinavos na Irlanda do século X. Tras a súa expulsión de Northumbria, Olaf regresou a Irlanda, mentres que Ragnall poida que resultase morto en YorkCostambeys, "Ragnall"; Downham, Viking Kings, p. 46; a morte de Ragnall é mencionada nos Anais de Clonmacnoise, s.a. 937.. A sorte para os Uí Ímair de Irlanda tamén foi adversa, xa que en 944, Dublín foi saqueada polo Rei Supremo Congalach Cnogba, que tiña o seu cuartel xeral en Brega, na ribeira sur do río Boyne, ao norte da capital. Ao ano seguinte, quizais como resultado deste saqueo, Olaf substituíu o seu curmán Blácaire como rei de Dublín. Olaf aliouse con Congalach, o que contribuíu a mellorar a súa posiciónDownham, Viking Kings, pp. 46, 241 & 248; Hudson, Viking Pirates, pp. 35–36..