miniatura|188x188px|Moeda do reinado de Eirík de Jórvik. Eirík de Jórvik (nórdico antigo: Eiríkr), finado en 954, foi un rei viquingo de Jórvik, unha figura histórica que tomou relevancia entre historiadores quen consideran que Eric I de Noruega (Machadasanguenta) non gobernou o enclave escandinavo en Inglaterra, senón un membro da dinastía hiberno nórdica dos Uí Ímair co mesmo nome; aínda que se descoñece a súa ascendencia, os datos que proporcionan os textos das crónicas anglosaxoas e a cronoloxía dos acontecementos contradinse coas sagas nórdicas e hai fortes indicios que ambos foron dúas persoas diferentesClare Downham (2004), Eiríkr Bloodaxe – axed? The mistery of the last Viking king of York, Mediaeval Scandinavia, 14. pp. 51-77.. Traxectoria Eirík aparece nas crónicas no ano 946 como rei de York, coincidindo coa morte de Eadmund I de Inglaterra, aínda que parece que o seu reinado foi efémero (947-948) pois o sucesor de Eadmund, Eadred, conquistou o enclave nórdico e propiciou a súa caída.

A identificación de Eirík de Jórvik con Eric de Noruega xorde coa hipótese de W.G. Collingwood, aínda que non existe nin unha soa referencia de cronistas anglosaxóns contemporáneos sobre a súa orixe, excepto a versión «E» da crónica anglosaxoa que o cita como fillo de Harald (quendam Ericum fillium Haroldi)Collinwood, W.G. (1898-1901), King Eirík of York, Saga-book of the viking club, pp. 313-27.. Nunha carta de Eduardo I de Inglaterra ao Papa Bonifacio VIII, o rei inglés cita a Eirík como un nobre de orixe escocesaDownham, Clare (2007) Viking Kings of Britain and Ireland, Dunedin, p. 116. É moi posíbel que a coincidencia de nomes facilitase a confusión entre ambos e os historiadores se decantasen pola figura máis emblemática das sagas escandinavas antes que a dun descoñecido.

Entre as diferenzas máis notábeis co monarca noruegués, atópase a Vita Sancti Cathroe que menciona o matrimonio de Eirík de Jórvik cunha dama da dinastía do reino de AlbaVita Sancti Cathroe, cap. 17. Este tipo de matrimonios fortalece o argumento que Eirík pertencía aos Uí Ímair, un descendente de Ímar, e non á dinastía Hårfagreætta de Eric de NoruegaWoolf, Alex (2001), Amlaíb Cuarán and the Gael, 941-81, Medieval Dublin, Vol. 3, p. 39.. As moedas da época confirman que houbo continuidade administrativa de Olaf Cuaran xa que Eirík imitou as súas formas en dúas ocasións, algo impropio para alguén que pertencía a outra dinastía real. Estas moedas mostran unha espada no reverso, o símbolo do poder hiberno-nórdico e a conquista de 919, un símbolo común a finais do século X entre os descendentes de ÍmarDolley, R. H. M. (1966) The Hiberno-Norse Coins in the British Museum, London, p. 26..

Notas

Categoría:Finados en 954 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Northumbria