O reino viquingo de York ou Jórvík foi un antigo estado de Europa que existiu no período desde o 866 até o 954. Os viquingos orixinarios de Dinamarca estableceron un potente estado na illa de Gran Bretaña con capital en York, que nun principio se chamou Jórvik. A rexión ao redor desta cidade coñeceuse como Danelaw, termo que se aplicou tamén á xurisdición detentada polos daneses durante a segunda metade do século XMagnusson, Magnus (1980) Vikings, New York: Elsevier-Dutton Publishing Co., Inc. p. 145.

Territorio tamén coñecido como a York Escandinava, termo usado polos historiadores para identificar ao reino de Northumbria a finais do século IX e primeira metade do século X, durante a dominación escandinava, en particular baixo o reinado dos reis viquingos.

Etimoloxía O nome Jórvík é unha escandinavización de Eoforwic, que é o nome en inglés antigo da capital de Northumbria coñecida como York no século X. O prefixo jór- en nórdico antigo procede da palabra jofurr que ten o mesmo significado do inglés antigo, eofor (xabaril ou caudillo)Nicholas Higham, M. J. Ryan (2013), The Anglo-Saxon World, Yale University Press, ISBN 0300195370, p. 374.. O sufixo wic procede do protoindoeuropeo e significa campamento ou asentamento (en latín: vicus), substituído polo nórdico antigo vík (porto ou baía). O sentido da palabra, por tanto, para os escandinavos sería: «porto do caudillo ou dos caudillos».

Xeografía O territorio do reino viquingo comprendía gran parte do norte de Inglaterra, con fronteiras sempre en constante cambio debido ás guerras con Wessex. Jórvik estaba moi vinculada a outro territorio viquingo en Irlanda, o reino de Dublín durante ese período.

Historia York foi fundada polos romanos como fortaleza e bautizada Eboracum, máis tarde ocupada e reavivada polos anglosaxóns como o emporio comercial de Eoforwic. A primeira incursión viquinga coñecida foi en novembro de 866 e liderada por Ivar o Desosado, un dos fillos do lendario Ragnar Lodbrok e un dos caudillos que encabezaron a conquista de Inglaterra co grande exército pagán polos cronistas anglosaxóns, que desde Anglia Oriental marchou cara ao norte, apoiado por cabalos que obtiveron durante a retirada do rei Edmundo Mártir durante a guerra civil entre aspirantes polo trono do reino anglo de Northumbria e os territorios de Bernicia e Deira. Tras unha tregua, os anglosaxóns uniron as súas forzas pero foron incapaces de reconquistar York en marzo de 867 e tras a derrota Deira someteuse ao control danés obrigando á corte de Northumbria a escapar e atopar refuxio en Bernicia. Non obstante unha arremetida viquinga contra Mercia fracasou e todos os esforzos contra Wessex non cultivaron os froitos esperados pola forte oposición do rei Aethelred I e o novo príncipe Alfredo. Parece que o arcebispo de York colaborou cos viquingos, polo que foi expulsado temporalmente cando os northumbrianos recuperaron a cidade en 872; máis tarde recuperou a súa praza que mantivo até a súa morte. O rei viquingo Guthred foi enterrado na catedral de York, un indicativo que o arcebispo e o monarca viquingo chegou a un acordo como suxire o historiador Richard Hall"A kingdom too far: York in the early tenth century", in N.J. Higham and D.H. Hill, Edward the Elder, 899-924, 2001:188.. esquerda|miniatura|188x188px|Moeda viquinga de York durante o reinado de Erik Machada Sanguenta (952-954). Todas as moedas viquingas parece que se cuñaron en York, un sinal da excelente situación económica como imán comercial de Northumbria na época. A importancia de York fíxose patente cando o caudillo Guthrum dirixiu a súa atención a Anglia Oriental mentres Halfdan Ragnarsson tomou o poder no ano 875

Os gobernantes daneses procedentes de Xutlandia, reino de Gorm o Vello, establecéronse no reino de Anglia Oriental. Os cinco burgos de Danelaw seguían as mesmas bases do reino de Lindsey e os límites usábanse como un tipo de fronteiras entre cada reino. Canuto o Grande máis tarde «reinstituíu» unha dinastía norueguesa de jarls en Northumbria, con Eiríkr Hákonarson, mentres mantivo outra dinastía danesa en Anglia Oriental con Thorkell o Alto. Todo o norte de Inglaterra seguiría sendo unha fonte de intrigas de palacio para os noruegueses até a morte de Harald III de Noruega na batalla de Stamford Bridge en 1066 previa á batalla de Hastings e a conquista normanda de Inglaterra.

O lugar de Konungsgurtha (en nórdico antigo significa a Corte do Rei), atópase rexistrada a finais do século XIV como área inmediatamente exterior da porta principalis sinistra, a porta occidental do acantonamento romano que aínda se mantén no día de hoxe en King's Square, Ainsty, Yorkshire. Quizais indicaba unha residencia real viquinga sobre os restos da fortaleza romanaRichard Hall, Viking Age archaeology, 1995:28; Richard Hall, "A kingdom too far: York in the early tenth century", in N.J. Higham and D.H. Hill, Edward the Elder, 899-924, 2001..

O reino viquingo foi absorbido por Inglaterra en 954 tras a derrota de Eric I de Noruega na batalla de Stainmore. Tras a anexión de Jórvik a Northumbria, baixo o goberno do conde de Wessex, o título de rei de Jórvik soaba redundante e foi substituído por "conde de York", en 960. A perda de independencia política de Jórvik non significou unha alteración da situación económica e o éxito comercial obtido: cara ao ano 1000, o crecemento urbano foi espectacular, superado só por Londres. Aínda que algúns dos condes de York foron nórdicos como os reis de Jórvik, foron sucedidos por normandos tras a conquista. Guillerme I o Conquistador acabou cos últimos vestixios de independencia na rexión e estableceu guarnicións militares na cidade. O condado de York foi abolido por Henrique II de Inglaterra.

Gobernantes de Jórvik ReiReinadoDetalles Ecgberht I de Northumbria867 - 872Rei monicreque dos viquingos Ricsige de Northumbria 872 - 876Derrocado polos viquingos Ecgberht II de Northumbria876 - 878 Guthred 878 - 895Viquingo Jarl Sichfrith895 - 899Viquingo p. 79 Knútr899 - 900Viquingo (Jarl Sichfrith e Canuto puideron rexentar xuntos parte ou todo o período entre 895 e 900) Æthelwold de Wessex 900 - 902 Eowils e Halfdan 902 - 910Posible diarquía viquinga. p. 87 É probable que Ingwær, un irmán de Æthelwold de Wessex, gobernase unha parte do reino. Eadwulf II de Northumbria m. 913 p. 88 p. 139 Ealdred de Northumbria 913- 918Só reinou sobre unha pequena parte do territorio, a maior parte estaba baixo dominio viquingo Ragnall ua Ímair914 - 921Viquingo hiberno-nórdico que dominou gran parte de Northumbria antes de ser rei de Jórvik en 918 Sitric Cáech 921 - 927Viquingo hiberno-nórdico, tamén monarca do reino de Dublín Athelstan 927 - 939 Olaf III Guthfrithson939 - 941Viquingo hiberno-nórdico, tamén monarca do reino de Dublín Amlaíb Cuarán941 - 944Viquingo hiberno-nórdico, tamén monarca do reino de Dublín Ragnall mac Gofrith 943 - 944Viquingo hiberno-nórdico que gobernou en diarquía con Amlaíb Cuarán Edmundo I de Inglaterra 944 - 946 Eirík Machada Sanguenta947 - 948Rei viquingo noruegués. Véxase tamén Eirík de Jórvik Amlaíb Cuarán949 - 952(restaurado) Eirík Machada Sanguenta952 - 954 (restaurado) Edred954 -

Secuelas Entre 1070 e 1085 houbo intentos ocasionais de recuperar Jórvik polas forzas viquingas danesas, pero ningunha desas tentativas tivo éxito para materializarse nun renacemento do Reino viquingo de York.

O título Duque de York, título nobiliario de Gran Bretaña, foi creado en 1341 pero uniuse á coroa cando o cuarto duque se converteu en Eduardo IV de Inglaterra. En consecuencia, o título de Duque de York, concedeuse ao segundo fillo do monarca.

Véxase tamén Estandarte do corvo. Grande exército pagán. Os cinco burgos de Danelaw. Uí Ímair.

Notas

Véxase tamén Bibliografía D. M. Palliser (2014), Medieval York: 600-1540, OUP Oxford, ISBN 0191667579

Ligazóns externas Brenda Ralph Lewis & David Nash Ford, "York: Viking Times" Timeline of Anglo-Saxon England

Categoría:Historia de Inglaterra