Un antiprotozoario é un axente (en xeral un medicamento) indicado para o tratamento de protozoos parasitos (ver código ATC P01). Algúns dos máis usados na medicina humana e veterinaria son: a furazolidona, o melarsoprol, o metronidazol, a paromomicina e o tinidazol. As doenzas causadas por protozoos son máis difíciles de tratar que as bacterianas, e a maioría dos antiprotozoarios son axentes tóxicos para as células do hóspede.Richard D. Howland, Mary Julia Mycek, Richard A. Harvey, Pamela C. Champe. Pharmacology (en inglés). Publicado por Lippincott Williams & Wilkins, 2005. ISBN 0781741181.
Os antiprotozoarios poden agruparse polo mecanismo que utilizan ou polo organismo sobre o que actúan. En artigos recentes propúxose tamén o uso de virus para tratar infeccións causadas polos protozoos.
Usos médicos Os antiprotozoarios utilízanse para tratar infeccións por protozoos, como a amebíase, xiardíase, criptosporidiose, microsporidiose, malaria, babesíose, tripanosomíase, enfermidade de Chagas, leishmaníase ou a toxoplasmose. Actualmente, moitos dos tratmentos para estas infeccións están limitados pola súa toxicidade. Para algúns axentes antiprotozoarios xurdiron resistencias dos microorganismos, comoocorreu con algúns dos utilizados contra a malaria.
Exemplos Eflornitina Furazolidona Melarsoprol Metronidazol Miltefosina Ornidazol Sulfato de paromomicina Trimetoprima/Sulfametoxazol Fumaxilina Pentamidina Pirimetamina Yinidazol Albendazol
Notas
Categoría:Antiprotozoarios Categoría:Antimicrobianos