Théophile Ernest de Donder () nado en Bruxelas o 19 de agosto de 1872 e finado o 11 de maio de 1957, foi un matemático e físico belga notable pola súa obra de 1923 sobre o desenvolvemento de correlacións entre o concepto newtoniano da afinidade química e o concepto gibbsiano da enerxía libre.

Traxectoria Obtivo o seu doutoramento en física e matemáticas pola Universidade Libre de Bruxelas en 1899, coa tese titulada Sur la Théorie des Invariants Intégraux.Acad. Roy. Belg., Bull. Cl. Sc., p 169, 1968. Foi profesor entre 1911 e 1942 na mesma universidade. Nun primeiro momento continuou o traballo de Henri Poincaré e Élie Cartan. Dende 1914 tivo a influencia da obra de Albert Einstein e converteuse nun propoñente da teoría da relatividade. Obtivo unha reputación significativa en 1923 ó desenvolver a súa definición da afinidade química, e indicou unha conexio´n entre esta e a enerxía libre de Gibbs.

Está considerado o pai da termodinámica dos procesos irreversibles, e o seu traballo foi desenvolvido posteriormente por Ilya Prigogine.

Obra publicada Thermodynamic Theory of Affinity: A Book of Principles. Oxford, England: Oxford University Press (1936) The Mathematical Theory of Relativity. Cambridge, MA: MIT (1927) Sur la théorie des invariants intégraux (thesis) (1899). Théorie du champ électromagnétique de Maxwell-Lorentz et du champ gravifique d'Einstein (1917) La gravifique Einsteinienne (1921) Introduction à la gravifique einsteinienne (1925) Théorie mathématique de l'électricité (1925) Théorie des champs gravifiques (1926) Application de la gravifique einsteinienne (1930) Théorie invariantive du calcul des variations (1931)

Notas

Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Físicos de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Nados en Bruxelas