Os osetos, no Digalego denominados ossetios. (en , ir, irættæ; дигорæ, дигорæнттæ, digoræ, digorænttæ) son un grupo étnico da cordilleira do Cáucaso, nativos da rexión coñecida como Osetia. Falan a lingua oseta, unha lingua irania oriental (escita) da familia de linguas indoeuropeas, e moitos tamén son falantes fluídos de ruso como segunda lingua. O oseto non está relacionado nin é mutuamente intelixible con ningunha outra lingua irania. O oseto, un remanente do grupo dialectal escita-sármata que outrora era falado por toda a estepa, é a única lingua irania nativa de Europa.
Na súa maioría, os osetos son cristiáns ortodoxos, cunha salientable minoría que practica o uatsdin e o islam.
Os osetos viven maioritariamente en Osetia, que está politicamente dividada entre Osetia do Norte-Alania en Rusia, e Osetia do Sur, que dende o conflito de Osetia do Sur de 2008 converteuse de facto nun estado independente de Xeorxia.
Os seus parentes máis achegados, os jász, viven na rexión de Jászság, no norte do condado de Jász-Nagykun-Szolnok, en Hungría.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pobo oseto Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Grupos étnicos de Xeorxia