María Aránzazu Portabales Santomé, máis coñecida como Arantza Portabales, nada en Donostia o 27 de xaneiro de 1973, é unha escritora galega en lingua castelá e galega.

Traxectoria Filla de emigrantes galegos, regresou coa súa familia a Marín en 1985. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Vive en Teo.

Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias no que publica regularmente microficción.

Con Deixe a súa mensaxe despios do sinal (2017) foi finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao español, italiano, alemán e hebreo.

En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen). Tamén traducida ao italiano.

Obra

Serie dos inspectores Abad e Barroso

Beleza vermella (2019). Galaxia. 428 páxs. ISBN 978-84-9151-317-9. Belleza Roja (2019). Lumen. 432 páxs. ISBN 978-8426406170. A vida secreta de Úrsula Bas. 2021. Galaxia. 452 páxs. ISBN 978-84-9151-623-1. Edición en castelán ISBN 9788426409102, Lumen. O home que matou a Antía Morgade (2023). Vigo: Galaxia. 456 páxs. ISBN 978-84-9151-967-6. En castelán ISBN 9788426423863, Lumen, 2023.

Serie Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo Asasinato na Casa Rosa (2025). Vigo: Galaxia. 406 páxs. ISBN 978-84-1176-360-8. Edición en castelán, ISBN 9788426426710, Lumen. Asasinato no Muíño do Cura (2026). Vigo: Galaxia. 388 páxs. ISBN 978-84-1176-578-7. Edición en castelán, ISBN 978-8426433473, Lumen

Outras A Celeste la compré en un rastrillo (2015). Bululú, Lenguas del Ornitorrinco. 160 páxs. ISBN 9788494137655. (Microrelatos en castelán). Sobrevivindo (2015). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-643-5. Nova versión ampliada en 2022, 226 páxs. ISBN 978-84-9151-788-7. Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017). Galaxia. 324 páxs. ISBN 978-84-9151-081-9. Deje su mensaje después de la señal (2018). Lumen. 272 páxs. ISBN 9788426405609.miniatura|Con Susana Pedreira na presentación de Beleza vermella na Libraría Cronopios de Pontevedra (12/06/2019) Historias de mentes (2020). Bululú. Ilustracións de Javier Zabala. 120 páxs. ISBN 978-84-122577-4-8. Edición en castelán ISBN 978-84-122577-5-5.

Obras colectivas Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis. Participou noutros libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lectures d’Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África e Escribo3.

Premios

Gañadora do XV Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Sobrevivindo en 2015. En 2017 con Circular C1: Cuatro Caminos-Embajadores foi Premio de Narración Breve da UNED e o microrrelato Las Musas resultou gañador anual do Concurso da Microbiblioteca de Barberà del Vallès. Resultou gañadora e finalista de diversos certames literarios: Relatos en Cadea, Wonderland e Esta Noche Te Cuento. 2021: primeiro premio do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo por Xanelas. Deixe a súa mensaxe despois do sinal mellor obra traducida a outra lingua europea do premio Novela Europea convocado polo Casino de Santiago en 2021. Premio Tormo Negro Masfarné 2023, por Sobreviviendo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Presentación de "Deixe a súa mensaxe despois do sinal" en Cartabón. YouTube 03/03/2018 Videoteca na AELG

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na diáspora galega