José Quintas Pena, nado na Coruña o 26 de marzo de 1905 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Electricista. Foi elixido vicesecretario da directiva do Orfeón El Eco en 1929.El Ideal Gallego, 12-11-1929, p. 2. Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista da Coruña, na que ocupou cargos directivos.La Voz de Galicia, 10-9-1932, p. 4. Foi administrador de Acción Socialista.La Voz de Galicia, 12-1-1933, p. 5. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Delegado provincial do PSOE, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e Julio Sabio Sanmartín.La Voz de Galicia, 11-8-1936, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos