Charles Lessner, nado en Londres o 8 de novembro de 1879 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1944, foi un enxeñeiro de minas inglés. Traxectoria Foi fillo de Friedrich Leßner, xastre membro da Liga dos Comunistas, que en 1848 participara na revolución alemá. Logo de pasar por prisión coñeceu a Karl Marx, quen apadriñou ao seu fillo Charles.
Despois de estudar a carreira de enxeñaría de minas, Charles Lessner foi a África a traballar. A comezos do século XX chegou a Galicia para traballar nas minas de estaño. En Vilagarcía de Arousa hospedouse na Fonda Porto, e casou con Josefina Porto Rey, a filla dos donos da fonda e irmá de Francisco Porto Rey, o 7 de agosto de 1909.
Deu clases de inglés, entre outros a Aquilino Iglesia Alvariño (1986): "Autobiografía poética", en Dorna. Revista Poética Galega nº 10, Universidade de Santiago de Compostela..
Está soterrado no cemiterio inglés de Rubiáns.
Notas
Véxase tamén Bibliografía : "El vilagarciano ahijado de Marx", artigo en La Voz de Galicia, 17 de marzo de 2013 . Ligazóns externas
O que se conta de Lessner
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Enxeñeiros de Inglaterra Categoría:Personalidades sen imaxes