dereita|miniatura|Monumento funerario de Mary Baker Eddy Mary Baker Eddy, nada en Bow, Nova Hampshire, 16 de xullo de 1821 e finada en Newton, Massachusetts o 3 de decembro de 1910 foi unha escritora, fundadora da Ciencia Cristiá.
Traxectoria En 1866 afirmou descubrir o mesmo Principio divino que utilizou Xesucristo e terse curado a si mesma de danos críticos na columna vertebral tras sufrir unha caída no xeo o 1 de febreiro dese ano en Lynn, Massachusetts. Na súa obra Retrospection and Introspection, atópanse "as experiencias que a guiaron, no ano 1866, ao desenvolvemento do sistema que denominou Ciencia Cristiá".
En 1875 publicou a primeira edición do libro Science and Health with key to the Scriptures, o alicerce da relixión que fundou. Nel manifestou que "o Principio divino da curación se comproba na experiencia persoal de calquera investigador sincero da Verdade" e que tal foi o seu caso. En 1879 fundou a Igrexa de Cristo, Científico.
Ao longo da súa carreira, Mary Baker Eddy fundou numerosas publicacións. En 1898 fundou a Sociedade Editora da Ciencia Cristiá, encargada dende entón da publicación dos seus escritos e das revistas periódicas como The Christian Science Journal, o Christian Science Sentinel, Herald of Christian Science e o Caderno Trimestral da Ciencia Cristiá.Portal de la Sociedad Editora de la Ciencia Cristiana, distribúe os escritos de Eddy e publica as revistas periódicas.
Mary Baker Eddy propugnou a restitución, mediante a súa igrexa e o sistema de curación por ela desenvolvido, dun cristianismo máis acorde co primitivo e que restaurase o seu "perdido elemento de curación".
Recoñecementos A Asociación Feminina do Libro de Estados Unidos inclúe á súa obra Science and Health nunha lista de 75 libros de mulleres cuxas palabras cambiaron o mundo. O Salón Feminino da Fama dos Estados Unidos incluíuna en 1995 mencionando que "deixou unha marca indeleble na relixión, a medicina e o xornalismo".
Críticas A Igrexa da Ciencia Cristiá promove un sistema espiritual onde a enfermidade é considerada como non creada por Deus e polo tanto irreal, polo cal a cura dos males do corpo lógrase a través dunha mellor comprensión de Deus, o Espírito. Moitas persoas formáronse nesta escola e predicaban simplemente a través da fala. Esta idea alcanzou unha grande aceptación, volvendo a Igrexa da Ciencia Cristiá unha das institucións economicamente máis prósperas dos Estados Unidos no século XIX.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mary Baker Eddy Library The Mary Baker Eddy Science Institute Mary Baker Eddy e Basic teachings of Christian Science The Longyear Museum
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Personalidades da relixión dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por pneumonía