O Álamo: Trece días cara á Gloria (en ) é unha miniserie estadounidense sobre a batalla do Álamo de 1836, posteriormente editada como telefilme. Foi escrito e dirixido por Burt Kennedy, e está protagonizado por James Arness como James Bowie, Brian Keith como Davy Crockett, Alec Baldwin como William Barrett Travis e Raul Julia como Antonio López de Santa Anna. Ó contrario que a maioría dos filmes sobre a batalla do Álamo, a historia céntrase en Bowie como personaxe principal e non en Crockett.

A produción rodouse en Alamo Village, a réplica do Álamo construída por John Wayne que foi empregada para rodar o filme de 1960 O Álamo.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Burt Kennedy Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego