A deusa Bachué (en lingua muisca: "a do peito espido"), é unha deusa nai que segundo a relixión muisca é a nai da humanidade. Xurdiu das augas da lagoa de Iguaque cun meniño no colo, quen medrou para devir no seu marido e poboar a Terra. Recibiu adoración nun templo na área do actual concello de Chíquiza, anteriormente chamado "San Pedro de Iguaque".

Mitoloxía miniatura|esquerda|250px|A deusa Bachué mergullándose na lagoa de Iguaque. Cando o neno medrou, Bachué casou con el e viaxou a través dos territorios dos muiscas. Cada vez que quedaba embaraza daba a luz entre catro e seis fillos. Os muiscas crían que tódalas persoas tiñan como antepasado común a Bachué. Cando os seus fillos medraron, Bachué regresou á lagoa de Iguague co seu primeiro fillo e despois dun dicursos final converteuse en dúas cobras xigantes e mergullouse na auga, convertendo este sitio nun lugar sagrado para os muiscas.Ocampo López, 2007, Ch.V, p.220

Notas

Véxase tamén

Outros artigos A muller na sociedade muisca Relixión muisca Bibliografía

Categoría:Deusas muiscas