Arancha Rodríguez Fernández, máis coñecida como Arancha Nogueira, nada en Ourense o 3 de setembro de 1989, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. Viviu en Madrid, Porto, Sevilla, Belfast e Santiago de Compostela. Formou parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Actualmente é profesora de lingua galega e literatura no ensino público.

Obra Obras individuais Publicou en antoloxías como o Diario de Escalofríos (2008), Cuaderno de Legados (2010) ou a Homenaxe a Manuel María (2017) e en revistas como Incendios (2011), o fanzine As Lurpias (Día da Matria 2014), o Boletín Galego de Literatura (2017) e en 2018 Ligeia.

Poesía Andar descalza (2013). Concello de Outes. A capacidade de descomposición da luz (2018). Plaquette autoeditada. O único lugar onde ficar inmóbil (2018). Editora Urutau. 60 páxs. ISBN 9788569433767. Spleen en catro tempos (2018). Toxosoutos. 54 páxs. ISBN 978-84-948966-3-7. A comparsa (2019). Leite Edicións. Os ourizos (2019). Leite Edicións. Col. Cosmos. #hashtags para un espazo / confinamento agónico (2019). Ed. Positivas, 2ª ed. en 2021. ISBN 978-84-122421-5-7. Dente de leite (2020). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-645-2. ePub: ISBN 978-84-9121-639-1. Antese (2022). Editorial Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-787-0.

Narrativa infantil e xuvenil A mestra corremundos (2021). Cuarto de inverno. 80 páxs. Ilustracións de Ana Varela. ISBN 978-84-121604-7-5.

Obras colectivas Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo 2016 (2016). Universidade de Vigo, Xerais. Libro colectivo de homenaxe a Manuel María (2017). Deputación de Lugo. XVI Certame Literario Concello de Ames (2018). Concello de Ames, Fundación Feiraco. Xuventude Crea 2017 (2018). Xunta de Galicia. Cultura que Une. Ribeira Sacra - Douro (2018). Fundación Vicente Risco. Creative Cork Intercultural City Voices (2018). Antoloxía bilingüe, texto traducido por Keith Payne. Cork City Council, Creative Ireland, Antoloxía Vide, Paisaxe, Fala - Florencio Delgado Gurriarán (2018). Deputación de Ourense, Instituto de Estudos Valdeorreses. Calpurnias, mulleres poetas ourensás (2019). Ed. Cuestión de Belleza. Un xardín de medio lado. 17 poetas da urutau na Galiza (2019). Ed. Urutau. Antoloxía de poesía galega nova (2019). Antoloxía bilingüe galego-grego, textos traducidos por Sofía Karatzá e Teresa Pardo. Editora Vakxikon. Arrincando marcos 2020 (2020). Ed. Positivas. Poesía galega novísima (2020). Ed. Urutau. Mafia, amiga (2021). Leite Edicións. Compostela. Relato Curto (2025). Xerais

Premios Premio de poesía Francisco Añón en 2013 por Andar descalza. III Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá en 2013. Premio de poesía da Universidade de Vigo en 2016 por (A)fogar. Premio de poesía do Concello de Ames en 2017 por Para ser de ti. Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2017 por O aniversario. II Premio de poesía Xuventude Crea en 2017 por Romaría. Accésit do premio Francisco Añón en 2018 por spleen en catro tempos. Finalista do premio Florencio Delgado Gurriarán en 2018 por Taxidermia. Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2018 por mapa mudo. II Premio de poesía do Concello de Ames en 2019 por crac. XXII Premio de poesía Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu en 2019 por O silencio das gaivotas. Finalista do certame Ari(t)mar (Galiza e Portugal) co poema #love en 2021. Finalista da Primavera videoliteraria do Val Miñor xunto a Emilio Carral co videopoema recordas? en 2021. XIII Premio de poesía Victoriano Taibo en 2021 por Antese. Finalista a mellor libro infantil nos Premios Follas Novas do libro galego 2022 por A mestra corremundos. 2023: O público da gala aRi[t]mar decidiu distinguir co Premio Mellor Poesía do Ano 2022 na Galiza a 'Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados'.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria