A batalla de Corbridge tivo lugar en Corbridge no ano 918. Foi un conflito decisivo no destino do reino viquingo de Northumbria e os anglosaxóns do Condado de Bamburgh. Os contendentes foron o rei viquingo Ragnall ua Ímair e Constantino II de Escocia.
Os Anais do Ulster ofrece información detallada sobre os acontecementos da batalla, informa dun exército escandinavo que se dividiu en catro columnas, unha das cales encabezada polo caudillo Ottir Iarla, un incondicional aliado de Ragnall, e sitúano co exército do rei viquingo:Segundo a cita os escoceses destruíron as primeiras tres faccións pero foron emboscados pola cuarta, comandada polo mesmo rei Ragnall, quen permanecera escondido tras un outeiro. Os escoceses tentaron escapar do desastre, non obstante a crónica Historia de Sancto Cuthberto engade que os ingleses loitaron á beira dos homes do norte, ignorando a presenza dos escoceses.
En 919, Ragnall dirixiuse a York, tomou a cidade e proclamouse rei.Downham (2007), pp. 91 - 95 Os bernicios sometéronse, aínda que Ealdred I de Bernicia e Domnall I de Strathclyde, xuraran lealdade ao rei de Inglaterra.Stenton, Sir Frank M. Anglo-Saxon England Third Edition. Oxford University Press, 1971.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:918 Categoría:Batallas do século X Categoría:Batallas dos anglosaxóns