Madeinusa é un filme hispano-peruano dirixido por Claudia Llosa que se estreou no ano 2005. Está ambientada na vila ficticia de Manayaycuna ("a vila á que ninguén pode entrar" en quechua) nos Andes peruanos. A historia abrangue tres días nas vidas dos locais e dun foráneo de Lima. O foráneo, Salvador (Carlos J. de la Torre), non é benvido por mor de que a súa chegada cadrou co comezo do "Tempo Sagrado", un festival relixioso sincrético que vai dende o Venres Santo até a Pascua cristiá.
Personaxes Magaly Solier como Madeinusa Yiliana Chong como Chale Carlos J. de la Torre como Salvador Juan Ubaldo Huamán como Cayo
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados por Claudia Llosa