O aeroporto de Aalborg é un aeroporto civil e militar dinamarqués situado en Nørresundby, no municipio de Aalborg. Atópase a 6,5 quilómetros ao noroeste de Aalborg.

Historia A historia da aviación comercial en Aalborg comeza o 4 de setembro de 1936 cando se inaugura a primeira ruta doméstica do país, entre Aalborg e Copenhague. Os avións Fokker F VII aterraban no aeródromo dunha fábrica de cemento en Rørdal. Grazas ao éxito da ruta as autoridades da cidade decidiron construír un aeroporto e este inaugurouse o 29 de maio de 1938. En xuño dese ano comezou a operar unha ruta cara Hamburgo e no ano seguinte outra cara Kristiansand.

Durante a segunda guerra mundial foi ocupado polos alemáns e usado pola Luftwaffe. Os escuadróns 3º e 5º do Bordfliegergruppe 196 (grupo aéreo embarcado) usaron Aalborg como base para voos de recoñecemento, para transportar destacamentos que servían na mariña alemá e como escala para os voos entre Alemaña e Noruega.

Os alemáns destruíran os edificios do vello aeroporto civil, e rematada a Royal Air Force británica fixo o mesmo coas instalacións alemás. Así que aeroporto comezou a operar novamente a ruta cara Copenhague en xuño de 1945 usando como terminal de pasaxeiros a antiga estación de bombeiros alemá. En 1946 o goberno danés tomaría o control da meirande parte dos aeroportos do país, incluído o de Aalborg.

Nos anos seguintes abriríanse rutas cara Aarhus, Gotemburgo, Kristiansand, Stavanger, Oslo, Ámsterdam e Londres, aínda que a meirande parte dos servizos internacionais só operarían por curtos períodos de tempo.

En 1997 o aeroporto foi transferido aos 13 municipios da rexión do norte de Xutlandia. A terminal actual inaugurouse o 29 de maio de 2001. O aeroporto ampliouse durante os anos 2007 e 2013, incrementando o tamaño da terminal e o número de portas de embarque.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Aalborg