Chía ou Chíe é a deidade muisca da Lúa, considerada a esposa de Sué (o Sol). Era o símbolo dos praceres, sendo a protectora da diversión, os bailes e as artes, representándoa con forma de muller. Noutra variante da mitoloxía da zona, Bachué, nai do pobo chibcha, foi convertida en Lúa para acompañar a Sué.

Tanto o deus sol "Sué" como a deusa da Lúa "Chía", estaban relacionados cos gobernantes muiscas. O deus do sol estaba relacionado cos zaques do norte e o seu Templo de Sogamoso; mentres que a familia do zipa que gobernou o territorio que abrangue o que hoxe é Bogotá, estaba relacionada coa deusa da Lúa e o seu Templo de Chía. Segundo Juan de Castellanos: "os muiscas concibían o Sol e a Lúa como esposos, e pais da xente".

Os "chyquys", ou sacerdotes do calendario sagrado, foron os encargados das cerimonias adicadas á deusa, que incluían ofrendas de ouro e utensilios de cerámica.

miniatura|esquerda|230px|A deusa Chía nas rúas da localidade de Chía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A muller na sociedade muisca Relixión muisca Templo da Lúa (Chía)

Categoría:Deusas muiscas Categoría:Deusas lunares