El Estrellao foi un semanario editado en Sarria en 1928. Historia e características
Apareceu en 1928. Fundado e dirixido por Rosa María de Oñate Pendergast e Jesús Vázquez Saco.El Progreso, 14-6-1928, p. 1. Entre os colaboradores figurou Julia García Pazos. Aparecía escrito a máquina. Os contidos son fundamentalmente literarios. Desapareceu no segundo semestre de 1928, probablemente antes de chegar ao número trinta. Foi continuado por Sarria.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Sarria Categoría:1928 en Galicia