Sarria foi un semanario editado en Sarria entre 1928 e 1929.
Historia e características Continuación de El Estrellao, apareceu a finais de 1928 co subtítulo Periódico independiente. Fundado por Rosa María de Oñate Pendergast, o seu director era Jesús Vázquez Saco e mantivo os colaboradores do seu predecesor. Editábase na Imprenta Palacios de Lugo. Recolle información sobre Sarria, pero predominan sobre todo os textos literarios. Editou en folletín a obra teatral Entre fantasmas, escrita por Luis Macía Vázquez e Manuel Saco Rivera. Cesou a súa publicación en 1929.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Sarria Categoría:1928 en Galicia