A amputación ou mutilación é a perda, accidental ou non (por exemplo e especialmente a operación cirúrxica na que se secciona completamente un membro incluíndo o óso e as partes brandas), dun membro ou dunha parte externa do corpo. Cando coincide cunha articulación denomínase desarticulación.

As amputacións dos dedos das mans danse, por seren atrapados en máquinas, con frecuencia no medio laboral. Se o corte que produce a amputación é limpo, é dicir, non se xera mediante esmagamento ou arrancamento, inténtase actualmente -e normalmente de xeito exitoso- o reimplante.

Reimplantación Para poder reimplantar unha porción amputada, debe evitarse que esta se conxele. É conveniente envolvela nun tecido limpo, metela nunha bolsa de plástico e pechala ben, para despois introducir esta bolsa noutra que conteña auga e xeo. Deberase inmediatamente pedir axuda sanitaria de emerxencia e poñer unha vendaxe comprensiva se fose un dedo. Se fose unha extremidade e houbese moita hemorraxia, farase un torniquete.

Membro pantasma A dor nas extremidades fantasma ou pantasma, síndrome do membro pantasma, ou dor pantasma é unha síndromes de dor clínica e un dos exemplos máis relevantes de dor crónica. O amputado menciona a percepción dun membro fantasma, até dun órgano, case inmediatamente despois da amputación do membro. Normalmente descríbese como unha forma precisa do membro real desaparecido.

Próteses Unha prótese é un aparello que suple, en todo ou en parte, as funcións do órgano ou extremidade perdida nas persoas que por enfermidade ou accidente non a teñen, coma os tocos ou os coxos, ou esta non é funcional.miniatura|Adestramento dun atleta cunha perna protésica para participar nos Xogos Paralímpicos.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Primeiros auxilios

Categoría:Procedementos cirúrxicos Categoría:Discapacidade Categoría:Mutilación