Soiuz TM-25 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 10 de febreiro de 1997 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-25, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Reinhold Ewald (alemán), Aleksandr Lazutkin e Vasili Tsibliiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.
Durante a misión produciuse toda unha serie de incidentes, incluíndo lumes, perdas de enerxía, problemas co sistema de oxíxeno e térmico, fallos do sistema de control da estación, despresurizacións e unha colisión coa Progress M-34. Tamén recibiron a visita da misión STS-84, da Progress M-35 e da Soiuz TM-26.
A Soiuz TM-25 regresou a terra o 14 de agosto de 1997 ás 12:17 GMT a 170 km ao sueste de Dzezkazgan (Kazakhstán). Os retrofoguetes de aterraxe fallaron no momento do impacto contra terra, facendo deste retorno un dos máis duros para os cosmonautas.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir STS-84 Soiuz TM-24 Soiuz TM-26
Notas
Categoría:Programa Soiuz