Non confundir con Guillerme II dos Países Baixos.
Guillerme II de Orange-Nassau, príncipe de Orange, nado na Haia o 27 de maio de 1626 e finado na mesma cidade surholandesa o 6 de novembro de 1650, foi estatúder das Provincias Unidas (Holanda, Zelandia, Utrecht, Güeldres, Overijssel, Groninga e Drenthe) do 14 de marzo de 1647 ata a súa morte.Muller, Pieter Lodewijk. "Wilhelm II. (Generalstatthalter der Niederlande)". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Nº 43. Duncker & Humblot. Leipzig 1898. Páxinas 155–159. (en alemán)"William II Prince of Orange". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
Familia Fillo do estatúder Frederico Henrique de Orange-Nassau e de Amalia von Solms-Braundels, tivo como preceptores os matemáticos Jan Stampionen e Christian Huygens.
O 2 de maio de 1641, na capela real do pazo de Whitehall, en Londres, Guillerme casou con María Henriqueta Estuardo, princesa real, a filla máis vella do rei Carlos I de Inglaterra e de Henriqueta María de Francia.
Dese matrimonio naceu Guillerme, futuro rei de Inglaterra, oito días despois da morte do seu pai.
Traxectoria En 1648, Guillerme II de Orange-Nassau opúxose ao tratado de Münster, malia o recoñecemento que este facía da independencia das Provincias Unidas. Secretamente, Guillerme abriu negociacións con Francia co obxectivo de compartir con ese país os Países Baixos católicos, aínda que non puido chegar a levar isto á práctica. Ademais, Guillerme traballou para a restauración do seu sogro Carlos I no trono de Inglaterra.
En 1650, viuse involucrado nunha disputa entre a provincia de Holanda e os poderosos comerciantes.
Guillerme II de Orange-Nassau opúxose á redución do seu exército que diminuíu o seu poder, seguida dun gran número de encarceraientos de membros da asemblea provincial, que foron recluídos no castelo de Loevestein. Enviou o seu curmán Guillerme Frederico de Nassau-Dietz ao mando dun exército de dez mil homes para se apoderar de Ámsterdam pola forza, aínda que o mal tempo frustrou o éxito desta campaña.Russel Shorto. The Island at the Centre of the World. ISBN 0-552-99982-2 (en inglés)
Durante o seu período viviu a independencia das Provincias Unidas, recoñecida por Europa en 1648 polos tratados de Westfalia. Logo de tres anos de goberno, Guillerme morreu de varíola o 6 de novembro de 1650. Á súa morte, o cargo de estatúder quedou vacante e confióuselle ao gran pensionario Johan de Witt.
Guillerme II de Orange-Nassau, pertenceu á segunda rama da Casa de Nassau, procedente da liñaxe Nassau-Dillenbourg, pertencente á liña otoniana da que saíron varios estatúders e un rei de Inglaterra e de Escocia. Esta rama de Orange-Nassau extinguiuse en 1702.Bouillet, Marie-Nicolas; Chassang, Alexis (dir.), "Guillaume II d'Orange-Nassau". En Dictionaire Universel d'Histoire et de Géographie. 1878 (en francés)
Títulos Stadhouder de Holanda, Zeeland, Utrecht, Güeldres e Overijssel. Marqués de Veere e Vlissingen. Conde de Nassau-Dillenburg, Buren, Leerdam, Katzenelnbogen e Vianden. Vizconde de Anveres. Barón de Aggeris, Breda, Cranendonck, Cuijk, Dasburg, Eindhoven, Grave, De Lek, IJsselstein, Diest, Grimbergen, Herstal, Warneton, Beilstein, Bentheim-Lingen, Moers, Arlay e Nozeroy. Señor de Dasburg, Geertruidenberg, Hooge en Lage Zwaluwe, Klundert, Montfort, Naaldwijk, Niervaart, Polanen, Steenbergen, Sint-Maartensdijk, Turnhout, Willemstad, Zevenbergen, Bütgenbach, Saint-Vith e Besançon
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Guillerme I de Orange-Nassau Guillerme III de Orange-Nassau Frederico Henrique de Orange-Nassau Provincias Unidas Países Baixos españois Guerra de Flandres
Bibliografía Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés) Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)
Categoría:Nados na Haia Categoría:Nados en 1626 Categoría:Finados en 1650 Categoría:Príncipes de Orange Categoría:Personalidades soterradas na Igrexa Nova de Delft Categoría:Finados por varíola