Arturo García González máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado na Coruña a finais do século XIX e finado no ano 1969, foi un pianista e compositor galego.

Traxectoria Viaxou con diversas compañías de teatro pola zona de Valladolid e Albacete sendo compositor de zarzuela nas mesmas. Foi membro da primeira formación da Orquestra Mallo dende o final da guerra civil española ata o final da década de 1940. A partir desta data centrouse na súa actividade como compositor. Tivo amizade co empresario teatral e director de escena español Arturo Serrano Arín.

No máximo apoxeo da música zarzuela española a principios do século XX compuxo música en colaboración con Joaquín Candela Ardid e Javier de Burgos y Rizzoli. Ademais musicou libretos de zarzuela de Luis Linares Becerra e Emilio Sánchez Pastor.

Obra La Calumnia (1908; zarzuela nun acto e tres cadros) María de Africa (1909; zarzuela dramática nun acto, dividido en cinco cadros) El clown Bebé (1909; zarzuela. comedia lírica en tres cadros e epílogo. A ver si va a poder ser! (1910; zarzuela dividida en cinco cadros e prólogo. Ahí queda eso, o, El belén de don Antonio (1910; zarzuela; nacemento político nun acto, dividido nun prólogo e tres cadros. La corte de Gorgonia (1910; zarzuela) Suspiros do mar (1915; valse lento) "Asturias"-"Galicia"-"Navarra"-"Vizcaya" (1958, cancións populares) "Los chiquis" (1958; cancións populares; grupo musical).

Notas

Categoría:Nados no século XIX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1969 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes