O McDonnell Douglas (agora Boeing) F-15E Strike Eagle é un caza polivalente todotempo estadounidense derivado do McDonnell Douglas F-15 Eagle. O F-15E foi deseñado nos anos 80 como un interceptor de grande alcance e alta velocidade sen depender de avións de escolta ou de guerra electrónica. Os Strike Eagle da USAF poden distinguirse doutras variantes estadounidenses do Eagle pola súa camuflaxe máis escura e polos seus tanques de combustible comformables montados ao longo das entradas de aire do motor (aínfa que estes tanques de combustible tamén se montaron nas primeiras variantes do F-15).
O Strike Eagle despregouse en operacións militares en Iraq, Afganistán, Siria e Libia. Durante esas operacións o F-15E realizou ataques profundos contra obxectivos de gran valor e patrullas aéreas de combate, e proporcionou apoio aéreo próximo para tropas aliadas. Tamén foi exportado a varios países, como Israel e Arabia Saudita.
Operadores
Real Forza Aérea de Arabia Saudita - 70 F-15S Eagle en servizo 84 F-15SA pedidos en xaneiro de 2014.
Forza Aérea da República de Corea - 59 F-15K en servizo en 2019.
Forza Aérea dos Estados Unidos - 219 F-15E en servizo en abril de 2019.
Forza Aérea de Israel - 25 F-15I en servizo en 2019."World Air Forces 2019". Flightglobal Insight. 2019.
Forza Aérea de Qatar - 36 F-15QA pedidos.
Forza Aérea da República de Singapur - 40 F-15SG.
Notas
Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves de Boeing Categoría:Aeronaves de McDonnell Douglas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1986 Categoría:Cazas a reacción de cuarta xeración