José Portela Fuentes, coñecido como Pucho Portela, nado na Coruña a principios do século XX e finado na mesma cidade o 28 de decembro de 1997,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-12-1997, p. 37. foi un cantante e violinista coruñés.La Voz de Galicia, 11-1-1998, p. 35.
Traxectoria Cantante e violinista, nado na rúa da Barreira na cidade de A Coruña. Foi fillo do fotógrafo Rogelio Portela dunha liñaxe de recoñecidos fotógrafos localizados na Coruña comezando por Antonio Portela Paradela. Traballou en distintas orquestras galegas, comenzando a súa andaina na Orquestra Mallo. Posteriormente fundaría o Quinteto Savoy co que inauguraría o Playa Club da Coruña. Formou un dúo co pianista barcelonés Federico Masmitjá facendo xira por toda a xeografía española.
Foi violinista durante moitos anos da Orquestra Filarmónica Coruñesa. Presidiu o Club do Mar San Amaro da Coruña.
Obra Estival cha-cha-chá (1962)
Notas
Categoría:Nados no século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1997 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes