Soiuz TM-3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 22 de xullo de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-3, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Aleksandr Pavlovich Aleksandrov, Alexander Viktorenko e Muhammed Faris (de Siria) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. O 10 de setembro o detector de raios X do módulo Kvant foi o primeiro en detectar a explosión da supernova 1987a.

Durante a misión recibiron a visita da Progress 31, da Progress 32, da Progress 33 e da Soiuz TM-4.

A Soiuz TM-3 regresou a terra o 29 de decembro de 1987 ás 9:16 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-2 Soiuz TM-4

Notas

Categoría:Programa Soiuz