Soiuz TM-34 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de abril de 2002 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur. Foi a última Soiuz modelo TM en voar.

Características Soiuz TM-34, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Gidzenko, Mark Shuttleworth (o segundo turista espacial) e Roberto Vittori (da Axencia Espacial Europea) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento. A tripulación regresou 10 días despois na Soiuz TM-33, deixando a súa nave como substitución máis fresca, tocando terra o 5 de maio de 2002 ás 3:52 GMT a 25 km ao sueste de Arkalyk (Kazakhstán). A Soiuz TM-34, pola súa banda, aterrou o 10 de novembro de 2002 ás 00:04 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación Espacial Internacional Soiuz TM-33

Notas

Categoría:Programa Soiuz