Soiuz TM-6 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 29 de agosto de 1988 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-6, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Lyakhov, Valeri Poliakov e Abdul Ahad Mohmand (o primeiro cosmonauta afgán) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.

A tripulación da Soiuz TM-6 regresou a terra na Soiuz TM-5 o 7 de setembro de 1988 ás 00:50 GMT, aterrando a uns 160 km ao sueste de Dzhezkazgan (Casquistán), deixando a súa nave como substituto máis novo. A propia Soiuz TM-6 regresou o 21 de decembro de 1988, con outra tripulación a bordo.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-5 Soiuz TM-7

Notas

Categoría:Programa Soiuz