Soiuz TM-9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 11 de febreiro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-9, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Balandin e Anatoli Soloviev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación tamén se viu obrigada a facer dous paseos espaciais tras descubrir que tres das oito mantas térmicas que recubrían o módulo de descenso da súa Soiuz estaban soltas, poñendo en perigo o control térmico da nave e existindo risco de que bloquearan sensores necesarios para a reentrada.
Durante a súa misión recibiron a visita da Progress M-3, a Progress 42, o novo módulo Kristall para a estación e a Soiuz TM-10.
A Soiuz TM-9 regresou a terra o 9 de agosto de 1990 ás 7:35 GMT, aterrando a 70 km de Arkalyk (Kazakhstán).
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-8 Soiuz TM-10
Notas
Categoría:Programa Soiuz