Soiuz TM-8 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de setembro de 1989 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-8, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Alexander Viktorenko e Aleksandr Serebrov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación de apoio estaba formada por Aleksandr Nikolayevich Balandin e Anatoli Yakovlevich Solovyov.

Durante a súa misión recibiron a visita da Progress M-2 e a Soiuz TM-9. A Soiuz TM-8 regresou a terra o 19 de febreiro de 1990 ás 4:36 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-7 Soiuz TM-9

Notas

Categoría:Programa Soiuz