Philip Haig Nitschke, nado o 8 de agosto de 1947 en Ardrossan, Australia Meridional, é un humanista australiano, autor, médico e fundador e director do grupo en favor da eutanasia Exit International. Fixo unha campaña con éxito para aprobar a eutanasia no Territorio do Norte de Australia e asistiu a catro persoas a finalizar a súa vida antes de que a lei fose derogada polo goberno de Australia. Nitschke foi o primeiro doutor do mundo en administrar unha inxección letal voluntaria e legal.
Publicacións Killing Me Softly: Voluntary Euthanasia And The Road To The Peaceful Pill; 2005. The Peaceful Pill Handbook; 2007.Office of Film & Literature Classification decision Damned If I Do, autobiografía (xunto a Peter Corris); 2013.
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Australia Meridional Categoría:Médicos de Australia Categoría:Escritores de Australia Categoría:Personalidades do humanismo Categoría:Escritores en lingua inglesa