Soiuz TM-30 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 4 de abril de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-30, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Aleksandr Kaleri e Sergei Zaliotin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer ante todo tarefas de mantemento. Cando chegaron á estación, había meses que estaba deshabitada. Cos cargueiros Progress M1-1 e Progress M1-2 reactivaron a Mir e elevaron a súa órbita. Foi a última expedición tripulada á estación.

A Soiuz TM-30 regresou a terra o 16 de xuño de 2000 ás 00:44 GMT preto de Arkalyk (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-29 Soiuz TM-31

Notas

Categoría:Programa Soiuz