O aeroporto de Kerry , tamén chamado aeroporto de Farranfore, é un aeroporto rexional irlandés en Farranfore, no condado de Kerry. Atópase a 13 quilómetros ao norte de Killarney e do Anel de Kerry, e a 15 quilómetros ao sueste de Tralee. As dúas únicas aeroliñas de pasaxeiros que utilizan o aeroporto son Stobart Air (operando para Aer Lingus Regional) e Ryanair. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 325 670 pasaxeiros, un 7,5% máis que no ano anterior.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Kerry