Soiuz TM-33 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 21 de outubro de 2001 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-33, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Claudie Haigneré e Konstantin Kozeiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento. A tripulación regresou 8 días despois na Soiuz TM-32, deixando a súa nave como substitución máis fresca, tocando terra o 31 de outubro de 2001 ás 4:59 GMT preto de Dzhezkazgan (Kazakhstán). A Soiuz TM-33, pola súa banda, aterrou o 5 de maio de 2002 ás 3:52 GMT preto de Arkalyk.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación Espacial Internacional Soiuz TM-32 Soiuz TM-34
Notas
Categoría:Programa Soiuz