Soiuz TM-29 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 20 de febreiro de 1999 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-29, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Ivan Bella e Jean-Pierre Haigneré a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Cando a tripulación abandonou a Mir deixárona deshabitada e sen substitución ata a chegada a Soiuz TM-30 meses máis tarde.
Durante a misión recibiron a visita da Progress M-41 e da Progress M-42.
A Soiuz TM-29 regresou a terra o 28 de agosto de 1999 ás 00:34 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-28 Soiuz TM-30
Notas
Categoría:Programa Soiuz